sábado, 1 de septiembre de 2012

MÚSICA E MOVEMENTO



MOMENTOS NUNHA SESIÓN DE MÚSICA E MOVEMENTO (4/6 ANOS)


 Nos nenos en idade da Educación Infantil e do Primeiro Ciclo de Educación Primaria o achegamento á Música ten que ser de xeito dinámico e atractivo, tendo en conta a idade dos nenos e nenas e as súas características psico-evolutivas.

 Podemos contemplar un primeiro momento na planificación das sesións de Música e Movemento, que chamaremos de quencemento; no que aprenderemos, por exemplo, cancións do rico repertorio folclórico e tradicional tanto en castelán como en galego, tamén con cancións actuais que se adapten aos intereses do alumnado e por motivacións pedagóxicas. Ditas cancións acompañadas de percusión corporal (pitos, palmas, pataleo).

 Na parte central da sesión, faremos os exercicios de introducción á linguaxe musical e de introducción instrumental. No que empregaremos códigos pre-linguaxe musical e manexo de instrumentos musicais convencionais e adaptados. Facéndose cun pequeno repertorio para posibles actuacións e representacións grupais en público. Aprenderemos a dinamizar e dramatizar toda unha serie de cancións axeitadas para o alumnado, tendo en conta a súa diversidade e características propias.

 Un terceiro e último momento, que denominaremos volta á calma, no que nun ambiente de silencio e atención (breve, por suposto) e de relaxación poderemos escoitar, tumbados ou sentados e cos ollos pechados, fragmentos escollidos de Música Clásica. Ao final daráselle aos nenos unha reseña do fragmento escoitado que conteña título da obra, autor, época,... dun xeito moi sinxelo, confeccionando así un ficheiro das pezas escoitadas e que levarán para as súas casas.


Despois do silencio, o que máis se achega a expresar o inexpresable é a música.
                                                                                            (ALDOUS HUXLEY)


Germán Jesús Torres Sánchez