lunes, 9 de octubre de 2023

Beneficios do canto na escola

 Xa temos indicado máis dunha vez do conveniente da utilización do canto nas escolas e nos institutos e mesmo en todo tipos da asociacións. E un canto inclusivo, coa participación de todos. Cantar e sobre todo cantar de xeito colectivo aporta moitos beneficios de todo tipo. É unha actividade moi saudable e recomendable. E temos cantidade e variedade de música e de cantos na nosa cultura galega. Cantos de orixe e de tradición cultural, así como cantos de autor. No grupo de canto nas aulas e nas asociacións podemos gozar da nosa música.

Hoxe vou recomendar un libro e un disco do mesmo nome: OS SOÑOS NA GAIOLA, fermosos poemas de Manuel María, poeta da Terra Cha, e música do inesquecible e querido Suso Vaamonde, imos comezar cun fermoso poema feito canción polo grande Suso e que canta a nosa querida e admirable GALICIA:


Animádevos todos a cantar, xa vedes que ben combinan música e poesía